Nos anos vinte, existía un Centro Galego que chegou a ter un edificio en Union Square, pero a grande depresión económica que azoutaba o país, acabou coa institución. Moitos dos socios foron absorbidos por outras institucións, a Sociedad Benéfica Española, a Nacional, e durante a Guerra Civil polo Frente Popular Antifascista Gallego. Nos anos 1940, rematada a Guerra Civil, os exiliados galegos sentiron a necesidade de ter unha Galicia fóra de Galicia.
Foi entón, cando no Frente Popular Antifascista Gallego, que durante a guerra civil colaborara coas demais sociedades en beneficio das vítimas inocentes da guerra, se transformou en «UNIDAD GALLEGA» máis coñecida polo nome de 9, efectuouse a adquisición do WEBSTER HALL, na 119 e na rúa 11; no 1994, a actual Casa da Sociedad, «Casa Galicia» no 37-39 31 Avenida, Astoria, e por último, a propiedade adxacente,sita no 30-80 da rúa 38.
A Pequena Galicia do exterior que na actualidade ten mais de 1.000 socios, non só medra en poderes adquisitivos, senón tamén culturais e ideolóxicos para facela así, admirada e respectada.
Esta recompilación de datos acerca da orixe da»UNIDAD GALLEGA de NEW YORK», atópase máis detalladamente exposta no Libro de Memoria de Casa Galicia correspondente ao ano 2000, escrita polo profesor e membro da Sociedad, Don Manuel Zapata.